Escoitar

Corina Porro asistiu á presentación da nova flota de autobuses de Vitrasa

A alcaldesa destacou a clara aposta da cidade polo transporte urbano como representan os 2,5 quilómetros habilitados para carril bus. A empresa Vitrasa investiu máis de dous millóns de euros nos doce novos autobuses.

martes, 28 dec 2004
1104245987vitrsa.jpg
A alcaldesa Corina Porro asistiu hoxe á presentación no Verbum de doce novos autobuses da empresa Vitrasa. Con esta incorporación, a empresa concesionaria do transporte municipal de Vigo conta xa con 116 vehículos na súa flota para cubrir a área metropolitana.

Na presentación, a alcaldesa resaltou a aposta da cidade polo transporte público, do que destacou os 2,5 quilómetros que xa funcionan de carril exclusivo para buses. Corina Porro tamén falou das novas medidas sociais relacionadas con este tipo de transporte, como son os exemplos da gratuidade do billete para pensionistas do tipo un (en 2005 entrará en vigor a gratuidade para os pensionistas de tipo dous) e o bus nocturno nos fins de semana.

A empresa Vitrasa investiu máis de dous millóns de euros nestes vehículos co fin de mellorar o seu servicio, axilizar o traxecto entre paradas e cumprir cos horarios que demanda o viaxeira. Neste senso, o director xeral de Vitrasa, Juan Carlos Villarino, destacou a vantaxe do carril bus no cumprimento das franxas previstas.

Os novos autobuses teñen unha lonxitude de entre 10 e 18 metros e capacidade para máis de 300 pasaxeiros. Entre os novos avances destacan a instalación de piso baixo integral, motores "Euro 3", regulación de suspensión e regulación en altura, sistema de freos electrónicos con ABS e ASR, sistemas de aire acondicionado e dotación de freo de servicio, emerxencia e aparcamento.
1104245987vitrsa.jpg
1104246037cura.jpg
Descargar todas as imaxes