Escoitar

A gran final da VI edición das "Xornadas de Danza e Música tradicionais galegas de Vigo" disputarase o domingo no Centro Cultural Caixanova

Como invitado de honor, participará na xornada o grupo "Colexiata do Sar", gañador da anterior edición en 2003.

xoves, 18 nov 2004
O próximo domingo día 21 de novembro ás 20,00 horas terá lugar a final das "VI Xornadas de Danza e música tradicionais Galegas de Vigo" no Centro Cultural Caixanova.

O grupos participantes, clasificados para a final son os seguintes:

1º.- Grupo Noutrora Vigo, Pontevedra.
2º.- Grupo Xirandola Silleda, Pontevedra.
3º.- Grupo Arume Verdillo-Laracha, A Coruña.
4º.- Grupo Fusos e Rocas Vigo, Pontevedra
5- Grupo Gandaina. Pontevedra.
6º.- Grupo A Ponte Vella Teo, A Coruña

O Grupo invitado este ano é o ganador das xornadas do 2003 "Colexiata do Sar" de Santiago de Compostela.

As "Xornadas de danza e música tradicionais galegas de Vigo" celébranse na cidade dende o año 1999, estan organizadas pola "Asociación Cultural Interfolc" composta pola Agrupación Folclórica Lembranzas Galegas, Asociación Gaiteiros da Xistra de Coruxo, Asociación folklorica Corisco e a Escola Municipal de Danza do Concello de Vigo, e son patrocinadas pola Concellaría de Festas e Animación Socio-cultural coa colaboración de Caixanova. As semifinais tiveron lugar os días 6 e 7 de novembro no Centro Cultural Caixanova.