Escoitar

O museo "Quiñones de León" acollerá ata finais de ano unha mostra de xoguetes antigos e unha exposición sobre o centenario da anexión de Bouzas a Vigo

Entre as actividades programadas para os vindeiros meses figura tamén a actuación dun contacontos e un programa de restauración de textís históricos.

mércores, 17 nov 2004
1100699085chaves.jpg
O concelleiro Ignacio López-Chaves e o director do Museo Municipal "Quiñones de León", José Ballesta, presentaron hoxe o programa de actividades e exposicións que acollerá o Museo de Castrelos ata finais de ano e que inclúe unha exposición de xoguetes antigos ou a mostra sobre o centenario da anexión de Bouzas a Vigo.

O vindeiro 3 de decembro, e coincidindo coa proximidade do Nadal, inaugurarase unha exposición de xoguetes antigos, doados por un dos mellores coleccionistas do país -propietario do museo do xoguete castelá-manchego- e na que se amosarán dende xoguetes de lata, xogos de mesa, bonecas e pezas curiosas, algunhas de principios do século XX.

Os días 9 e 10 de decembro, o actor Javier Veiga participará nun programa de contacontos para nenos denominado "Contos a carón da lume". O museo de Castrelos acollerá dende o 17 de decembro a exposición sobre o centenario da anexión de Bouzas a Vigo. A mostra, calificada polo concelleiro como "unha das mellores exposicións organizadas", conta coa colaboración da Zona Franca e da Asociación de Veciños de Bouzas. Coma complemento, a Alameda de Bouzas acollerá dende o mesmo día unha mostra sobre campos de redes, e contará cunha producción audiovisual e un programa didáctico.

Os vindeiros días presentarase tamén unha guía didáctica para que os escolares dos distintos colexios de Vigo podan traballar sobre as coleccións do Museo de Castrelos, tanto antes das visitas que realizan ao museo como despois.

O Museo está realizando un programa de restauración de textís históricos, como o pendón de Bouzas, que será exposto na exposición do centenario, e as dous bandeiras da Reconquista. A programación destes meses completase con visitas guiadas de escolares –a través do programa "Vigo por dentro", e de persoas maiores, dende o 17 de novembro ata finais de ano.

Tamén, o 12 de decembro, celebrarase o Día do Marqués, no que se conmemora a data da doazón do pazo por parte do Marqués de Alcedo.

O concelleiro de Cultura destacou que ata outubro de 2004 visitaron o museo 28.743 persoas, 2.500 máis que na totalidade do ano 2003, e que espera que a finais de 2004 Castrelos supere a cifra dos 30.000 visitantes. A programación presentada hoxe, segundo López-Chaves, amosa o proceso de "revitalización" que vive o museo e o traballo realizado para "evitar o seu deterioro".
Descargar todas as imaxes