Escoitar

A praza do Rei acolle un novo concerto do ciclo XoveVigo

Os vigueses "Sonámbulos" e "Travel Hats" actuarán o martes ás 23.00 horas, dentro do ciclo adicado a promoción dos conxuntos locais. A entrada será de balde.

martes, 27 xul 2004
1090923628xovevigo2.jpg
Trala actuación de "Dixie Town" e "Mr. Whiz" o pasado luns, a praza do Rei voltará a vestirse de gala hoxe para acoller o pop de "Sonámbulos" e o acid jazz de "Travel Hats". As actuacións, contempladas no ciclo Xovevigo, terán lugar ás 23.00 horas e a entrada será de balde.

Sonámbulos
O grupo "Sonámbulos" formouse en Vigo en 1999, a partires do encontro de Ignacio Pérez-Jofre e Jesús Campos Oli. Ignacio, o cantante, procede das artes plásticas, o que fai concebir as súas actividades musicais coma unha extensión do seu traballo hacia a performance e o arte sonoro. Oli, guitarrista de talante investigador e son moi personal, é un veterano músico da escea viguesa que ten formado parte de bandas como "Eméticos", "Los Cafres" ou "Los Ernestos".

Na súa primeira formación, "Sonámbulos" realizaron algunhas actuacións na cidade, e despois da habitual serie de cambios, crisis, paróns e altibaixos, Oli e Ignacio retomaron o proxecto, desenvolvendo un pop en castelán, ecléctico, de harmonías complexas e arranxos especialmente coidados.

As principais influenzas destas cancións, firmadas a medias por ambos músicos, poderían atoparse en Elvis Costello, Tom Waits, Ramones, Brad Mehldau, Lou Reed, Beach Boys, Caetano Veloso, Beatles, Serge Gainsbourg, Madness... Na actual formación rodeáronse de músicos procedentes do jazz que enriquecen as composicións coa súa interpretación; o peculiar estilo vocal de Ignacio atópase agora arroupado polos coros de Mónica de Nut.

Travel Hats
"Travel Hats" é un grupo nado en Vigo a principios de 1999. O seu estilo básase na mestura do blues, o soul, o funk, con algúns tintes tamén de jazz, pop ou rock. Os seus compoñentes son xóves pero expertos, xa que pasaron por innumerables bandas locais como "La Banda del Predicador", "Avocado Blues", "Mojito Blues Band", "Delta Blues"...

O grupo formouse cunha marcada orientación rock pero os cambios na formación reconducírono hacia unha música basada moito máis no soul, o jazz, o funk, sen pecharse ás novas tendencias das novas músicas negras.
Descargar todas as imaxes