Escoitar

O Pleno do Concello ratifica por unanimidade a vontade de que non se constrúa o Centro Comercial de A Laxe

A proposta referente á construcción dun Centro Comercial na dársena de A Laxe, aprobada pola Xunta Municipal de Voceiros, foi ratificada polo Pleno da Corporación por unanimidade. Desta maneira, o Concello reafírmase na idea de utilizar os terreos para o esparcemento público dos cidadáns.

luns, 26 xul 2004
O Pleno do Concello manifestou, por unanimidade, a súa vontade de que non se proceda á construcción do Centro Comercial previsto na dársena de A Laxe. A alternativa ao centro comercial sería a de dedicar ese ámbito ao esparcemento público dos vigueses.

O Concello instará ao Consorcio da Zona Franca de Vigo á iniciación das conversas que resulten necesarias coas partes afectadas co fin de buscar unha solución aos problemas xurídicos e económicos que se deriven desta actuación.