Escoitar

Rematan os traballos da rotonda de "A Calzada"

Operarios do servicios de xardíns do Concello veñen de finalizar os traballos da construcción da glorieta situada na zona coñecida como "A Calzada" no inicio da rúa Sanjurjo Badía.

venres, 9 xul 2004
1089374727rotonda.jpg
A rotonda que ordena o tráfico dos vehículos que utilizan a avenida García Barbón, Sanjurjo Badía e Julián Estévez, convertirase proximamente en acceso e saída da prolongación do túnel de Beiramar.

No novo espazo verde colocouse alfombra de tepe, flor de tempada, unha oliveira como símbolo da cidade, ademais de crear un novo estanque de 50 metros cadrados do que brota a unha altura de metro e medio un chafaris de auga adornado cunha vexetación de nenúfares. Instalouse tamén un sistema de rego automático mediante aspersorios.

Os traballos de axardinamento realizáronse durante un mes e o presuposto aproximado da obra ascendeu a 10.596 euros.
Descargar todas as imaxes