Escoitar

Xunta de goberno local

venres, 9 xul 2004
O luns día 12 ás 9 horas reunese a Xunta de Goberno Local para tratar os seguintes asuntos:

1.- Acta da sesión ordinaria do 21 de xuño de 2004.

ASESORÍA XURÍDICA
2.- Sentenza do TSXG no rec. apel. nº 30/2003 interposto polo CONCELLO DE VIGO contra sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo en relación co acordo plenario de 26.02.01 que aproba os presuposto do ano 2001. Desestimado.

3.- Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 282/03 interposto por IBERPLAS S.L. contra sanción de tráfico (expte. 1030765848). Desestimado.

4.- Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 301/03 interposto por D. JESUS TUCHE BRAVO contra sanción de tráfico (expte. 1020727960). Desestimado.

5.- Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 314/2003 interposto por POMPAS FÚNEBRES DE PONTEVERA S.A. contra sanción por infracción da Ordenanza funeraria. Desestimado.

6.- Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 318/03 interposto por D. FRANCISCO JAVIER VILLAR MARTÍNEZ contra sanción de tráfico (expte. 1030764601). Estimado.

7.- Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 321/03 interposto por Dª Mª CANDIDA VÁZQUEZ LEBOREIRO en relación con liquidación do Imposto sobre incremento do valor dos terreos de natureza urbana. Desestimado.

8.- Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 43/2004 interposto por Dª CARMEN FERNÁNDEZ ALONSO contra resolución de Alcaldía de 17.11.03 que inadmite reclamación sobre responsabilidade patrimonial. Desestimado.

9.- Sentenza do X. Contencioso Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 67/2004 interposto por D. DIEGO GONZALEZ VILA contra desestimación presunta de reclamación patrimonial. Desestimado.

10.- Auto do X.Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 108/04 interposto por D. CARLOS LEIRÓS ORGE contra resolución do Concello de 17.11.03, en relación con inactividade do Concello sobre “adaptación de posto de traballo”. Auto de desistimento.

BENESTAR SOCIAL
11.- Proxecto de convenio de colaboración coa Asociación Érguete para un programa de apoio residencial para pacientes drogodependentes. Expte. 10746/301.

12.- Prestación de axuda no fogar: alta expte. 16/27511/04.

CULTURA
13.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor realizados polo departamento de Cultura durante o mes de xuño de 2004. Expte. 8357/331.

DEPORTES
14.- Solicitude do Club Ciclista Meixoeiro para a realización da XVI edición do Gran Premio Ciclista Meixoeiro o vindeiro 17.07.04. Expte. 4607/333.

15.- Declaración de emerxencias de obras no Estadio de Fútbol de Balaídos.

FESTAS E ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL
16.- Adxudicación da contratación da producción integral das actividades e espectáculos das “Festas do Cristo da Victoria 2004”. Expte. 1054/335.

17.- Proxecto de convenio de colaboración para a organización do programa “Corais en movemento 2004”. Expte. 1086/335.

MOBILIDADE E SEGURIDADE
18.- Adxudicación de vehículos do depósito da Avda. de Madrid para chatarra. Expte. 69819/210.

19.- Solicitude de autorización para a celebración da Festa na honra da Virxe das Neves en Matamá os días 31 de xullo e do 5 ó 9 de agosto de 2004. Expte. 69666/210.

20.- Solicitude de autorización para a celebración das festas da sardiña o día 31 de xullo e nosa Sra. das Neves da Guía os días do 3 ó 5 de agosto na Guía. Expte. 69728/210.

21.- Solicitude de autorización para a celebración da Festa do Stmo. Cristo dos Aflixidos en Bouzas os días do 16 ó 20 de xullo. Expte. 69762/210.

PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
22.- Expediente de contratación por concurso dos servicios de xestión da Escola Municipal de Teatro do Concello de Vigo. Expte. 5958/332.

23.- Expediente de contratación da subministración de rodas para o Concello de Vigo. Expte. 2585/445/04.

24.- Expediente de contratación por concurso da reparación de instalacións de iluminación pública do Concello de Vigo. Expte. 10787/444.

25.- Expediente de contratación por concurso da prestación dos servizos de limpeza, acondicionamento e mantemento integral dos cemiterios municipais. Expte. 5930/2555.

26.- Expediente de contratación por concurso da asistencia técnica para execución das cláusulas 2ª, 3ª, 5ª e 8ª do convenio de colaboración coa Dirección Xeral do Catastro asinado o 20.12.01 no ámbito da ponencia de valores parcial do ano 2003. Expte. 129/500/04.

27.- Revisión de prezos do contrato de prestación de servizos da Escola Municipal de Danza. Expte. 16968/240.

28.- Adxudicación do concurso para o mantemento das instalacións electromecánicas dos túneles propiedade do Concello de Vigo. Expte. 16628/240.

29.- Prórroga do contrato de atención ó público no Verbum-Casa das Palabras adxudicado a Servicios Securitas S.A. Expte. 267/241.

30.- Adxudicación co concurso para a subministración de consummibles orixinais e reciclados para impresoras do Concello de Vigo. Expte. 1429/113.

PERSOAL
31.- Dar conta da resolución da Alcaldía de traslado provisional de funcionarios ao Mercado do Progreso. Expte. 15141/220.

32.- Contratación dun médico para CEDRO polo período dun mes e 5 días para cubri-las vacacións regulamentarias do médico titular. Expte. 15129/220.

URBANISMO
33.- Toma de coñecemento do pase á vía de constrinximento de multas urbanísticas. Expte. 508/407.

34.- Normalización de fincas colindantes na rúa Vía Norte. Expte. 8871/411.

35.- Permuta da finca sita na rúa Regueiro nº 8 por parcela resultante da municipal 13.2 U.E I.01 Villa Laura. Expte. 4417/401.

XESTIÓN MUNICIPAL
36.- Xustificantes de libramentos.