Escoitar

Inauguración da exposición "Reintegración" de Miguel Pereira e Enrique Velasco

Hoxe, 25 de febreiro ás 20.00 horas, a Fundación Laxeiro inaugura a exposición que, co título "Reintegración" amosará unha instalación feita polos artistas Miguel Pereira (Madrid, 1949) e Enrique Velasco (Pontevedra, 1957).

mércores, 25 feb 2004
1077722082pereira.jpg
Comisariada por Antón Castro, esta é unha proposta na que, mediante a combinación de dúas formas diferentes de creación plástica, proponse unha reflexión sobre os mecanismos da percepción humana e de cómo a partires dos estímulos externos e fragmentados recibidos polo noso aparato visual, o cerebro tende a relacionalos para construir un significado e, darlles así un sentido.

Miguel Pereira preséntanos unha embarcación tradicional desguazada en trinta pezas policromadas con pintura acrílica que se amosa espallada polo espacio expositivo, en contraste con imaxes da embarcación sen desguazar, que o artistas Enrique Velasco presenta en dous soportes: gravado sobre pezas de silicio e pintada con pintura fosforesecente en varias paredes da sala, utilizando un temporizador que apaga a luz cada 17 minutos para cambiar o espacio e viualizar únicamente a embarcación completa na escuridade.

Miguel Pereira procederá á clausura da exposición a unha serie de accións consistentes en botar en diferentes puntos do Atántico, parte das pezas da embarcación, coa data e lugar gravados en cada fragmento. Un acto simbólico e íntimo que o artista explica como unha necesidade persoal e unha volta ó mar do que o home rescata da natureza (a medeira) e manipula, entrando a formar parte da "cultura", no sentido grego da "tecné".

Enrique Velasco, pola súa parte, explica a súa intervención sobre o silico como unha incidencia na memoria. O silico ten capacidade de rexistro de feitos pasados. É como unha gravadora natural que "captura" de xeito silencioso os acontecementos fugaces que se perden no tempo para pasar a formar parte da "memoria", neste caso, non só humana, senon tamén mineral.

A exposición estará aberta ata o 25 de abril







1077722082pereira.jpg
1077722152pereira2.jpg
1077722178pereira3.jpg
Descargar todas as imaxes