O Concello avanza na humanización íntegra da rúa San Roque
O Concello de Vigo avanza nas obras de humanización da rúa San Roque, entre Gregorio Espino, Colombia e Ruiseñor, que contan cun investimento de preto de dous millóns de euros.
Abel Caballero destacou este mércores que a nova intervención comprende unha área de 250 metros e inclúe todos os tramos da rúa San Roque que están sen humanizar.
O rexedor destacou que o proxecto xerará calidade nos espazos e contribuirá a aumentar a seguridade na circulación e dos peóns xa que aumenta o ancho das beirarrúas. A zona contará cunha nova praza entre as rúas San Roque e Couto de San Honorato que contará cunha zona de bancadas que envolven o espazo verde.
A rúa, que manterá o sentido único da circulación, reserva aparcamento entre as rúas Talude e a Avenida de Gregorio Espino.
“Unha humanización no máis alto estándar”, recalcou o alcalde ao recordar que se renovarán as redes de saneamento e abastecemento, instalarase un sistema de rega automática en todas as zonas axardinadas e instalarase novo mobiliario urbano como bancos, papeleiras e aparcabicis.