Escoitar

O Concello avanza na instalación das ramplas mecánicas de Pintor Lugrís

O alcalde visitou este mércores os traballos de asentamento das estruturas das dúas ramplas que teñen unha lonxitude de case 40 metros de longo cada unha e permiten salvar unha pendente do 10%.

mércores, 8 out 2025

O goberno municipal investirá máis de 1,5 millóns de euros nas novas ramplas mecánicas da rúa Pintor Lugrís, onde xa está case rematada a instalación dos dous tramos previstos, que cobren unha superficie de 125 metros de lonxitude.

Abel Caballero visitou esta mañá a obra que “marcha a bo ritmo e con calidade notable” coa instalación das dúas ramplas de 40 metros de longo cada unha, que chegaron á rúa divididas en tres tramos. Tal e como apuntou, estas ramplas que permiten salvar unha pendente de 10 metros, constitúen un novo corredor que une López Mora coa zona de Hispanidade, contando tamén coa rampla de Pintor Colmeiro que están en obras.

A actuación inclúe a humanización “de alto estándar” da rúa Pintor Lugrís coa renovacións dos pavimentos e servizos, a ampliación do espazo peonil, a instalación de novo mobiliario urbano, novas zonas axardinadas e a plantación de 29 árbores de distintas especies. Amais renóvanse as redes de abastecemento e saneamento e colócase unha nova iluminación eficiente.

 

Descargar todas as imaxes