Comeza a urbanización da rúa Hernán Cortes que contará cunha praza pública de 817 metros cadrados
O alcalde avanzou este venres o inicio das obras de urbanización da rúa Hernán Cortés, que dotarán ao centro de Vigo cunha praza pública de máis de 800 metros.

Abel Caballero explicou que, por seguridade, pechouse paso de peóns entre as rúas Hernán Cortés e Colmeiro Laforet, xa que co inicio da demolición dos edificios o de vehículos quedou suprimido.
O rexedor remarcou a importancia da construción dunha praza pública nunha zona próxima a varios centros escolares. “Unha mellora substancial do espazo público” nun ámbito do centro da cidade onde comezou a edificación de novas vivendas.