O DOG publica o acordo plenario de aprobación definitiva do PXOM
O Concello segue axilizando os trámites para a entrada en vigor do PXOM e reclama á Xunta celeridade na inscrición do documento no Rexistro de Ordenación do Territorio. Unha vez inscrito, o documento dotarase de eficiencia tras a súa publicación no BOPPO.

O Diario Oficial de Galicia publicou onte o acordo plenario de aprobación definitiva do PXOM e onte mesmo, o Concello remitiu á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas a solicitude de inscrición no Rexistro de Ordenación do Territorio. O obxectivo é que a Xunta lle dea con “urxencia” un número de rexistro que permita publicar no BOPPO a normativa e a documentación do Plan Xeral para que “entre inmediatamente en vigor”.