Escoitar

A partir do 1 de xullo os menores de quince anos viaxarán gratis no bus urbano de Vigo

Este martes comezan a aplicarse as axudas ao transporte público do Goberno de España para os usuario da PassVigo.

luns, 30 xuñ 2025

O martes 1 de xullo comezan a aplicarse as novas tarifas de Vitrasa. Abel Caballero lembrou que coas novas axudas do Goberno de España os mozos e mozas menores de 15 anos viaxarán de balde no transporte público urbano.

Así, Vigo terá dúas franxas de idade con total gratuidade, a nova para a mocidade financiada polo Goberno de España e os pensionistas, que paga o Concello de Vigo.

Premio HALO

O alcalde puxo en valor o novo recoñecemento do HALO, o V Premio ACHE de Enxeñería Estrutural na categoría de pasarelas no IX Congreso de ACHE (Asociación Española de Enxeñería Estrutural).

Estes premios distinguen as obras pola súa calidade, importancia e innovación, así como a súa contribución ao progreso. Caballero lembrou que o HALO xa ten outros 5 premios, “unha icona”.

Descargar todas as imaxes