O Concello facilita unha parcela a Vegonsa para un centro loxístico no Meixoeiro
O goberno local adxudicou por poxa pública unha parcela a Vegonsa quen instalará un centro loxístico no Meixoeiro. O Concello poderá usar o importe da venta, 1.270.000 euros, para política de vivenda ou en calquera dos procesos expropiatorios que ten en marcha.

A Xerencia de Urbanismo resolveu esta mañá o procedemento de venta por poxa pública dunha parcela municipal situada no parque comercial Meixoeiro. Adxudicouse a Vegonsa por un importe de 1.270.000 euros, quen vai instalar un centro loxístico.
Tal e como explicou o rexedor, este diñeiro pasará á conta do Patrimonio Municipal do Solo e, por tanto, poderá ser utilizado para política municipal de vivenda ou para calquera dos procesos expropiatorios que o Concello ten en marcha, como o novo acceso ao Ceip Párroco don Camilo, as escolas de música de Oia ou Bembrive ou a Panificadora.