Escoitar

Obradoiros gratuítos sobre o uso responsable da tecnoloxía para adolescentes

O Centro municipal de formación da Rúa Alta ofertará 132 prazas no campamento dixital CRI-TIC, que se desenvolverá durante todo o verán, en horario de 09,00 a 14,00h. Son obradoiros para fomentar o uso responsable das novas tecnoloxías.

luns, 19 mai 2025

O Concello oferta un programa formativo sobre o uso responsable da tecnoloxía na infancia e na adolescencia. Os obradoiros impartiranse no Centro da Rúa Alta, en horario de 09,00 a 14,00h e o número de prazas é de 132 distribuídas en 11 cursos. Os participantes estarán divididos en dous grupos: de 9 a 13 anos e de 14 a 17 anos.

A inscrición, que é gratuíta ata completar aforo, estará aberta a través do 010 a partir de mañá 20 de maio.

O obxectivo dos cursos CRI-TIC, Infancia y jóvenes con criterio digital é favorecer a adquisición de competencias dixitais buscando garantir a inclusión dixital desde a infancia. Tŕatase de combinar coñecementos, habilidades e aptitudes para fomentar unha actitude responsable coa tecnoloxía, non só para a aprendizaxe ou o traballo, tamén para a participación na sociedade e a interacción social.

Bolsas idiomas

A Xunta de Goberno adxudicou o pasado venres as bolsas para estadías lingüísticas no estranxeiro para o alumnado da Escola Oficial de Idiomas. Son 50 achegas cun importe de 88.250 euros distribuídas do seguinte xeito: 20 para inglés; 6 de francés; 5 de alemán; 8 de italiano; 3 de portugués; 6 de xaponés e 2 de chinés.

 

Descargar todas as imaxes