Escoitar

O Auditorio do Concello acolle o xoves a V Sesión Extraordinaria dun Pleno Infantil

A Concellería de Benestar festexa tódolos anos o Día Internacional dos Nenos e das Nenas coa celebración o xoves ás 11:00 horas dunha sesión extraordinaria do Pleno Infantil. Este ano será a V edición do devandito pleno.

martes, 18 nov 2003
O ano 2003 foi nomeado pola Comunidade Europea Ano Europeo das Persoas con Discapacidade. Por ese motivo e co obxecto de sensibiliza-los nenos e nenas de Vigo esta V sesión extraordinaria adicarase a facer fincapé no enriquecemento que supón para tódolos cidadáns a convivencia coas persoas con discapacidade así como a para facer unha declaración de solucións que faciliten a verdadeira integración destas persoas. O Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, estará presente na inauguración do pleno, mentras que a concelleira de Bienestar Social, Belén Sío, acompañará en todo momento aos rapaces que participen nesta iniciativa, á que tamén están invitados o resto dos corporativos.

Os concelleiros e concelleiras son representantes de 9 centros escolares de Vigo entre os cales se atopan centros de educación especial e de integración de xeito que estos menores tamén tenten facer consciente os demais compañeiros e compañeiras das súas inquedanzas e necesidades. Os centros escolares agradeceron de antemán o interese amosado dende a Concellería de Benestar Social por traballar co colectivo infantil e teñen grandes esperanzas en que dende esta se faciliten canles de comunicación para tratar de facer a convivencia entre tódolos e tódalas cidadáns de Vigo o máis doada e respetuosa posible.

Os centros participantes na V Sesión Extraordinaria do Pleno Infantil son:

Centro de Educación Especial ASPANAEX. CEIP. Chans-Bembrive, CEIP Escultor Acuña, CEIP. Fonteoscura, CEIP Javier Sensat, CEIP. Mosteiro-Bembrive, CEIP. Párroco D. Camilo, CEIP. Pintor Laxeiro, CEIP. Seis do Nadal.

Cada un dos centros elexíu a tres representantes para ocupa-lo posto de concelleiros e concelleiras entre os cales se elixe o novo Alcalde accidental. Este relevará o Alcalde infantil da IV sesión plenaria despois de que este de lectura á acta da sesión que el presidíu e que pasará á firma dos novos concelleiros e concelleiras para a súa aprobación definitiva. Acto seguido iniciase a nova sesión coa participación dos e das representantes infantís presentando os seus discursos para pasar acto seguido da lectura por parte de cada centro á votación do presentado para a súa aprobación.

Os centros plasmaron en murais os traballos que presentan no Pleno e que están expostos nos laterais do Auditorio. Á finalización do acto a nova Corporación Infantil será recibida por representantes da Corporación Municipal e polo Alcalde nas dependencias da Alcaldía.