Escoitar

O programa municipal de Axuda no Fogar celebra o Nadal

A celebración terá lugar esta tarde no Pazo Los Escudos con preto de 350 asistentes. O alcalde salientou que o Concello “adica á dependencia 10,7 millóns de euros”.

xoves, 19 dec 2024

Preto de 350 persoas daranse lugar esta tarde no Pazo Los Escudos, para celebrar a festa de Nadal do programa municipal de Axuda no Fogar. Abel Caballero explicou que “o 80% dos usuarios son mulleres”, que son atendidas por “máis de 555 traballadores”.

O rexedor destacou que este ano “realizamos máis de 600.000 horas de atención e axudamos a máis de 1.300 persoas” dentro do programa de Axuda no Fogar. Trátase da partida máis importante do orzamento da Concellería de Política Social cun importe de 10,7 millóns de euros. Finalmente, salientou algunhas das melloras que se implementaron no programa como o servizo de ceas de Nadal, fin de ano ou Reis, ou o sistema de prestamos de elementos de mobilidade como cadeiras de rodas e andadores.

Descargar todas as imaxes