Escoitar

O Alcalde preside o Gabinete de Accesibilidade

A situación na que se atopa o convenio de obras de accesibilidad co Imserso e a Fundación ONCE, os problemas de accesos detectados no Campus da Universidade ou no Marco foron algunhos dos temas que se abordaron durante o Gabinete Técnico de Accesibilidade que hoxe se desenvolveu na sala da Comisión de Goberno.

luns, 10 nov 2003
Presidido polo Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño e pola concelleira de Bienestar Social, Belén Sío, este encontro tamén tratou a necesidade de formalizar unha entrevista con Vitrasa a través da Concellería de Tráfico para falar do microbús adaptado e os autobuses de plataforma baixa, ou a posible adhesión ao Plan de Accesibilidade 2004-2012 presentado polo Goberno Central. O plan de ordenación de plazas reservadas e retomar a campaña de sensibilización "Vigo con todos os sentidos" ou a accesibilidade de pasos de peatóns foron outros dos temas que se comentaron ao longo dun encontro que serviu para retomar a actividade iniciada coas asociacións de discapacitados.

O Gabinete Técnico de Accesibilidade do Concello creouse no ano 1996 como órgano encargado de garantir e valorar o grado de cumplimento da ordenanza para a mellora da accesibilidade e supresión de barreras arquitectónicas -xa derogada-, así como propoñer a introducción das melloras que se estimen necesarias. Nestes momentos, o Gabinete de Accesibilidade sirve de foro onde se tratan todos aqueles temas que preocupan ás persoas con algún tipo de discapacidade. Está integrado polos concelleiros reponsables das áreas de Urbanismo, Vía Urbana, Tráfico e Bienestar Social, técnicos dos respectivos departamentos e os representantes de 25 entidades de discapacitados.

Co obxectivo de profundizar neste tema e tomando como punto de partida este Gabinete, o Pleno da Corporación Municipal aprobou inicialmente o 6 de xuño de 2003 a creación do Consello Local de Accesibilidade, o seu reglamento de organización e funcionamento. Esta entidad terá máis participación, xa que inclúe representantes da Xunta, de colexios profesionais, así como sindicatos ou organizacións profesionais.