Escoitar

O Concello reconstruirá a pérgola de Jenaro de la Fuente

O Consello de Goberno aprobou o proxecto de reconstrucción da pérgola de Jenaro de la Fuente, con un presuposto de base de licitación de 250.168 euros. O obxectivo deste proxecto é definir e valorar as obras necesarias para recuperar a pérgola que Jenaro da Fuente Álvarez diseñou para a praza de Portugal e que na actualidade se atopa desmontada e distrubuida por distintos lugares de Vigo, aínda que nestes intres as pezas están localizadas, segundo explicou en rolda de prensa, o concelleiro de Vía Urbana, Miguel Barros.

luns, 10 nov 2003
1068478804DSC00001.JPG
Outra das decisións que se adoptaron na Comisión de Goberno foi a de aprobar o proxecto de renovación das comportas de fondo do encoro de Zamáns, cun presuposto base de licitación de 73.882 euros.

Fora do orden do día, segundo explicou a portavoz do grupo municipal socialista, María Xosé Porteiro, tamén foi aprobado o expediente para a contratación da execución das obras do proxecto da segunda fase do traslado e reconstrucción da antiga vivenda Vieira como centro socio cultural da parroquia de Saiáns. O presuposto do proxecto é de 395.205,01 euros. Asemesmo, tamén se deu luz verde ao expediente para a contratación da execución das obras do proxecto de remodelación da instalación eléctrica do estadio municipal de Balaídos. O gasto proposto imputarase do xeito seguinte: 265.00 euros no presuposto do ano 2003 e 283.335, 32 euros, no ano 2004. O Consello de Goberno aprobou o prego de condicións administrativas para a contratación por concurso aberto as obras.