Escoitar

A Corporación garda un minuto de silencio como homenaxe a Marta Souto

A pedimento do alcalde, o Pleno da Corporación municipal de Vigo gardou hoxe un minuto de silencio en homenaxe á recentemente falecida Marta Souto, funcionaria do Concello de Vigo no departamento normalización lingüística. Abel Caballero, ademais de asegurar que Souto era unha "gran persoa", destacou o "magnífico traballo" desenvolvido tanto no Concello como na Xunta durante a súa etapa como secretaria xeral para o Deporte.

luns, 28 out 2024
Descargar todas as imaxes