Vigo alcanza “case o 100% de ocupación”, nunha ponte marcada polos concertos de Castrelos
Abel Caballero destacou que a cifra de ocupación foi “inverosimilmente alta”, xa que “Vigo é a cidade turística máis importante de Galicia”. O rexedor tamén fixo fincapé na “afluencia masiva aos concertos” de Castrelos.
Vigo rexistrou un 97,5% de ocupación hoteleira na ponte de agosto, “practicamente o 100%”, incidiu Caballero, sinalando posteriormente que “Vigo nestes intres é unha das grandes cidades turísticas de España e a cidade turística máis importante de Galicia”. Abel Caballero explicou que “o turismo en Vigo é moi respetuoso”, xa que “asumimos un turismo que nos agrada, de alta calidade e que non produce ateigamento na cidade”.
O rexedor destacou o gran reclamo que foron os concertos de Castrelos nesta ponte, destacando “o gran concerto” de Melendi, que foi “o nunca visto”. Tamén a actuación que Xoel López e Vetusta Morla realizaron o venres, tivo unha enorme afluencia.