Escoitar

O alcalde pon en valor a transformación do zoolóxico nun aula da natureza

Abel Caballero visitou o Vigo Nature, que sigue a súa transformación para ser referente como aula da natureza. O alcalde saudou aos asistentes aos campamentos de verán nestas instalacións municipais.

mércores, 14 ago 2024

“Seguimos na transformación de Vigo Nature nun aula da natureza”, declarou o alcalde tras a visita ás instalacións municipais que antigamente acolleron un zoolóxico. Caballero celebra deixar atrás esa etapa e que Vigo Nature sexa “unha forma de vivir a natureza, aprender, estudar e tamén ocio e diversión”.

O alcalde saudou á mocidade que está a participar nun dos campamentos que o Concello organiza en Vigo Nature. Alí están a desenvolver distintas actividades e xogos relacionados co medioambiente.

O parque ten unha zona de aventuras, con tirolesas, unha caseta para que os máis novos poidan durmir nos campamentos na copa dunha árbore, espazos con parques infantís, aulas de educación ambiental e se está a establecer unha nova zona para un escape room.

Descargar todas as imaxes