Escoitar

O alcalde aborda con Juan Manuel Vieites as infraestruturas da cidade

Abel Caballero mantivo un encontro este luns co presidente da Confederación de Empresarios de Galicia no que analizaron “en detalle” o investimento dos fondos europeos e as conexións ferroviarias.

luns, 4 mar 2024
Abel Caballero e Juan Manuel Vieites durante o encontro
Abel Caballero e Juan Manuel Vieites durante o encontro

No transcurso da reunión, celebrada en Alcaldía, o rexedor e José Manuel Vieites revisaron a situación dos trens de alta velocidade tendo en conta que “a primeira e gran prioridade é o tren Vigo-Ourense directo sen necesidade de ir por Santiago”, a segunda prioridade é o tren directo a Oporto, seguido pola autovía en túnel ao Porriño desde a Avenida de Madrid.

Ademais abordaron o investimento dos fondos europeos que vai recibir Stellantis. Caballero reiterou que “a alta tensión eléctrica está garantida polo Goberno de España. A vicepresidente Teresa Ribera garante que, con independencia do informe emitido pola Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia, vai traerse a moi alta tensión a Balaídos”.

O alcalde e o presidente da CEG analizaron tamén o tren ao porto e a importancia de que se utilice “porque xa ten tren en Guixar e practicamente no seu utiliza”. Apuntou que o Porto reclama un tren en Bouzas “que non sabemos como chega ata alí sen romper a cidade e, sobre todo, que ocupa sitio para Stellantis, que necesita máis espazo para almacenar coches. “Stellantis non ten interese en que o tren chegue a Bouzas senón en dispoñer de todo o espazo posible para a exportación de máis de medio millón de coches feitos en Vigo con man de obra de Vigo”, recalcou, engadindo que “necesitamos espazos para a automoción de Vigo que emprega a 30.000 persoas”.

Abel Caballero e Juan Manuel Vieites durante o encontro
Descargar todas as imaxes