Escoitar

O goberno local decreta a gratuidade do servizo telefónico 010 a partir do 1 de xullo

A Xunta de Goberno aprobou o contrato do servizo integral de telecomunicacións que permitirá decretar a gratuidade do 010 a partir do mes de xullo. Caballero explicou que con esta validación acabamos coa “anomalía inadmisible” que supoñía que a cidadanía tivera que pagar por esta prestación.

venres, 1 mar 2024

O alcalde deu conta esta mañá da aprobación do contrato do servizo integral de telecomunicacións que permitirá decretar a gratuidade do 010 a partir do 1 de xullo. O orzamento de licitación dos servizos de telefonía e internet é de 2,5 millóns, por un prazo de catro anos e unha posible prórroga dun ano. Caballero explicou que esta aprobación permitirá, non só cumprir unha promesa electoral, senón tamén rematar coa “anomalía inadmisible” que supoñía que a cidadanía tivera que pagar por estas chamadas telefónicas.

 

Descargar todas as imaxes