Escoitar

O alcalde recibe á Asociación Xaruma

Nun encontro que tivo lugar esta mañá, Abel Caballero e Yolanda Aguiar, concelleira de Política Social, recibiron a representantes da asociación. Trátase dunha entidade sen ánimo de lucro e de iniciativa social en saúde mental que intervén anualmente con máis de 70 persoas con trastornos. O seu obxectivo principal é o de promover a autonomía persoal para mellorar a inclusión real na contorna das persoas con discapacidade e, concretamente, das persoas con trastornos mentais. Abel Caballero agradeceulle a súa labor e trasladoulles o apoio nos retos futuros.

xoves, 29 feb 2024
Descargar todas as imaxes