Escoitar

As fontes de Aragón ilumínanse polo Síndrome de Noonan e polo Implante Coclear

O Concello de Vigo súmase este venres 23 de febreiro, á conmemoración do Día da visibilidade do Síndrome de Noonan, iluminando as fontes de rosa e cian para a visbilización dunha condición de causa xenética. Débese a alteracións na secuencia (mutacións) dunha das copias dun xen, considerada una enfermidade rara. O domingo 25, iluminaranse de lila, con motivo da celebración do Día Internacional do Implante Coclear, unha técnica que permite oír ás persoas afectadas por xordeira profunda, a través da estimulación eléctrica das células acústicas do oído interno. Celébrase en numerosos países desde o ano 2009, para dar visibilidade a esa técnica innovadora no campo da audición. Adóitase utilizar en nenos e nenas recentemente nados, pero tamén é útil para afectados por perda auditiva severa de todas as idades, incluídas persoas de idade avanzada.

venres, 23 feb 2024
Descargar todas as imaxes