Caballero denuncia que a Xunta incumpre en Vigo as súas competencias en política social de vivenda
Abel Caballero constatou este xoves que a Xunta de Galicia segue incumprindo en Vigo as súas competencias en política social de vivenda lembrando que o Concello mantense como a única administración que proporcionou aloxamento ás persoas afectadas polo incendio rexistrado na rúa Alfonso X O Sabio.
O alcalde de Vigo engade á lista de incumprimentos da Xunta con Vigo a falta dunha solución ao problema da falta dunha alternativa de residencia social a veciños da cidade sen recursos.
“A Xunta segue sen asumir en Vigo as súas competencias en vivenda social”. É a denuncia do alcalde ao lembrar o Concello mantén aloxados en pensións e hostais ás vítimas do sinistro da rúa Alfonso X O Sabio, mentres a administración galega, “que está obrigada a proporcionarlles unha vivenda, fai caso omiso da súa obrigación e a súa responsabilidade”.
Caballero lembra que o Concello dirixiuse á Xunta para que resovelvera a situación dos afectados proporcionándolles vivendas pero a administración autonómica, unha vez máis, desenténdese da cuestión. "Preguntámonos para que ten competencias a administración galega en materia de vivenda se recibe diñeiro do goberno de España e logo non as exerce”, rematou o rexedor.