O orzamento municipal para Cultura supera os 17 millóns de euros
O alcalde detallou este mércores a partida orzamentaria para 2024 dedicada ao ámbito cultural da cidade que se incrementa en 738.000 euros: “un importantísimo presuposto”.
Unha das principais partidas é a dedicada ás bibliotecas públicas que acada 1.143.600 euros, con 345.737 euros para o funcionamento da Neira Vilas, de titularidade municipal.
O goberno local reserva 2.893.000 euros para museos e equipamentos, nos que se inclúen a Fundación Marco (725.000€), servizos de atención ao público da área (383.913€), servizos de seguridade (510.420€), Fundación Liste e Centro de Artesanía Tradicional (125.000€), Fundación Laxeiro (95.000€), programa de exposicións (90.000€), Arquivo Pacheco (40.000€) e o funcionamento da Pinacoteca (40.000€).
O ámbito da promoción cultural, cun presuposto de 2.460.000 euros, abrangue o financiamento da actividade da Federación de Bandas Populares de música de Vigo (233.200€), da Asociación de Corais Polifónicas (195.000€), Orquestra Vigo 430 (150.000€), Fundación Mayeusis (70.000€), a Asociación de Amigos da Ópera de Vigo- Outono Lírico (60.000€), da Asociación Música Clásica, organizadores do concurso de piano (40.000€), da Fundación Coral Casablanca (42.500€), Instituto de Estudos Vigueses (37.000€), a Orquestra Clásica de Vigo (30.000€), Sociedade Filarmónica de Vigo (15.000€), para a organización da Feira do libro – Federación de libreiros (15.000€), da Orquestra Infantil KV221 (10.000€), para o Concurso de corda (9.000€), para o convenio coa Fundación Sondeseu (8.000€), para a organización da Maratón Fotográfica (8.000€), do VI Encontro literario Vigo entre letras (4.000€), do Festival Primavera de cinema (5.000€) e do Freaky Film Festival (6.000€).
O orzamento de cultura complétase co Programa de arte urbana – murais e actividades do programa, que suma 450.000 euros e 320.000 euros para o programa cultural.
Nos equipamentos culturais, cun presuposto de 844.100 euros, inclúense a promoción cultural do Auditorio Mar de Vigo (500.000€) e a xestión e promoción do Auditorio Municipal (150.100 euros).