Unha xornada evalúa o programa piloto de Innovación en Vivenda para a Desinstitucionalización
A concelleira de Política Social, Yolanda Aguiar, inaugurou esta mañá as Xornadas AMIZAR nas que se debaterá sobre o programa piloto de innovación en vivenda para a súa desinstitucionalización. As xornadas organizadas pola asociación Provivenda co apoio do Concello de Vigo desenvólvese no museo Verbum
A concelleira recoñeceu que nestes momentos estamos vivindo unha auténtica emerxencia residencial. “Hai que dar un paso máis entre todas as administracións implicadas e as entidades do terceiro sector especializadas no eido da vivenda para colectivos vulnerables que garantan unha saída á exclusión” engadiu. Aguiar lembrou as políticas de vivenda que executa o consistorio e informou que, durante o actual mandato e ante a escaseza de vivenda pública protexida en Vigo, o novo PXOM contempla a construción de 6.000 vivendas con algún tipo de réxime de protección.
A vivenda contribúe a mellorar a autonomía e calidade de vida das personas. Tamén das que, pola súa situación de vulnerabilidade, poidan vivir institucionalizadas en grandes centros residenciais. Coa convicción de que é posible previr a institucionalización de determinados perfís de poboación en situación de vulnerabilidade, Provivienda comezou a implementar AMIZAR, o programa piloto de Innovación en Vivienda para a Desinstitucionalización.