Vigo renova o protocolo de adhesión ao sistema VioGen para a protección de mulleres vítimas de violencia de xénero
Concello e Subdelegación do Goberno subscribiron de novo o protocolo de colaboración entre a Policía Nacional e a Policía Local no marco do programa de Seguimento Integral das Vítimas de Violencia de Género. Unha vez máis, o alcalde avogou por seguir coa “total cooperación” entre estes corpos de seguridade, “somos un referente que se usa de exemplo en moitos puntos de España”.
Abel Caballero e a subdelegada do Goberno, Maika Larriba, presidiron esta mañá a Xunta Local de Seguridade durante a que ser renovou o protocolo de colaboración e coordinación entre as forzas e os corpos de seguridade do Estado e os corpos de Policía Local para a protección das vítimas de violencia de xénero. En declaracións aos medios, Caballero volveu defender a “total cooperación” que existe en Vigo entre estas forzas de seguridade “somos un referente, somos un referente que se usa de exemplo en moitos puntos de España”.
Tal e como explicou, o primeiro acordo entrou en vigor en 2011 e hoxe asinouse outro, por catro anos, no que se establecen os criterios operativos e os canles de comunicación para garantir a seguridade das vítimas e a aplicación das medidas de protección a adoptar.
O Concello creou a EVAP (Equipo de vixiancia e apoio policial) en 2009 un oficial e 5 axentes e agora reforzouse o servizo incorporando un inspector. O Concello, concluíu, dedica cada ano 1,5 millóns á loita contra a violencia machista.
Na reunión tamén estiveron presentes os comisarios xefe de Vigo e Pontevedra, a xefa da Unidade Viogen, así como responsables da xefatura da Policía Local.