Escoitar

O Concello cederá solo a Apamp para a construción do seu centro de día

O alcalde mantivo un encontro este venres con Daniel Varela, presidente, e con Concepción Somoza, xerente da Asociación de Familias de persoas con parálise cerebral no que comprometeu o apoio municipal ante esta necesidade.

venres, 20 xan 2023
Momento do encontro celebrado este venres en Alcaldía de Vigo
Momento do encontro celebrado este venres en Alcaldía de Vigo

No transcurso da reunión, Apamp trasladoulle a Abel Caballero a necesidade de contar cun centro de día na zona de Navia, onde xa dispoñen de instalacións propias, polo que lle demandaron solo dotacional para destinar a este fin.

O rexedor comprometeuse a achegar solo a Apamp para que edifique o seu centro de día destinado aos usuarios da entidade. “Seguiremos cooperando con Apamp polo traballo tan excepcional que fan e imos dispoñer do solo para cedelo nunha concesión”, sinalou, co fin de que poidan edificar o centro de día e así “seguir dando atención ás persoas que o precisan”.

Momento do encontro celebrado este venres en Alcaldía de Vigo
Descargar todas as imaxes