Escoitar

Os estudos constatan o bo estado do Olivo do Paseo Alfonso XII

O alcalde visitou o exemplar, que ronda os 200 anos, no momento da tomografía anual que vén realizando o goberno local anualmente. “Imos ampliar o alcorque”, anunciou o rexedor.

martes, 6 set 2022
O alcalde na tomografía do Olivo
O alcalde na tomografía do Olivo

O Olivo do Paseo Alfonso XII “mantén toda a vitalidade, mellora e non ten danos perceptibles”. Así amósao o estudo da tomografía que o Concello fai anualmente co obxectivo de avaliar a saúde do exemplar.

“O Olivo está marabilloso”, manifestou o rexedor, que anunciou que ampliará o alcorque para estimular o desenvolvemento da raíz. Abel Caballero explicou as melloras que fixo o goberno local, coa ampliación do seu espazo e os tratamentos, e que como resultado “o Olivo sorrí”, expresou metaforicamente.

Na tomografía amósase unha copa moi frondosa e vigorosa. “É difícil de predicir, pero o Olivo terá en torno a 200 anos”, explicaron os técnicos ao rexedor na visita á arbore, ao que o Caballero respondeu que “fará o posible para que dure 1.000 anos”.

O Olivo ten 14 metros de altura e un perímetro de 400 centímetros. Os técnicos trasladaron a importancia do bo tratamento e as mellora que se están a facer os últimos 12 anos. Caballero definiu o exemplar como “a xoia de Vigo cun gran valor histórico, simbólico e social para a cidade”

O alcalde na tomografía do Olivo
Descargar todas as imaxes