Vigo acada os 299.444 habitantes no padrón municipal
No que vai de ano, a cidade sumou 1.834 habitantes, tal e como recollen a estatísticas do Concello. Este xoves, 1 de setembro, déronse de alta 29 persoas.
O alcalde informou este venres dos actos actualizados do padrón municipal que está nun “proceso permanente de crecemento” e citou como exemplo que na última xornada, este xoves 1 de setembro, déronse de alta no padrón 29 persoas.
Nestes momentos Vigo suma 299.444 viguesas e vigueses empadroados na cidade “ao borde de alcanzar os 300.000 habitantes”, sinalou o rexedor, que explicou que a data do 1 de xaneiro había 297.610 habitantes polo que, no que levamos de ano, o número de habitantes medrou en 1.834.
Sobre as causas desta dinámica de incremento poboacional Caballero apuntou á economía polo que “seguiremos na presión para a marcha económica de Vigo porque detrás deste crecemento está a economía. A economía de Vigo tira e, por tanto a xente flúe e vén á cidade, quere vivir aquí, temos un altísimo nivel de vida, somos referente no mundo” e, en consecuencia, o padrón reflicte esta situación.