Escoitar

Caballero: “Aprobamos o proxecto de humanización de Calexón Balado”

A Xunta de Goberno Local aprobou ademais un convenio coa Asociación de Persoas Xordas de Vigo.

xoves, 1 set 2022

Na rolda de prensa desta mañá, o alcalde deu conta da aprobación en Xunta de Goberno Local do proxecto de mellora do entorno de Calexón Balado. Este vial situado entre as rúas Rosalía de Castro e Areal, terá un control arqueolóxico, xa que como sinalou o alcalde “sempre o facemos nas zonas de eventuais aparicións de restos, co que o Concello é especialmente coidadoso”. Terá unha adicación superior os 300.000€ e a execución levará 4 meses ata rematar a humanización que “suporá a mellora de todo o entorno”.

Aprobación de convenios e subvencións

Tamén se aprobou o convenio ca Asociación de Persoas Xordas de Vigo para os gastos derivados da contratación dun intérprete en lingua de signos, polo que recibirán 7.000€. Por outra banda, tamén se aprobou a subvención para a festa gastronómica do mexilón, pola que a Federación de Peñas El Olivo se lle conceden 9.500€.

Descargar todas as imaxes