Escoitar

Gran participación na Noite Branca viguesa

A celebración do pasado venres contou con máis de catro mil asistentes que gozaron dunha extensa oferta cultural.

martes, 9 ago 2022

Os museos de Vigo abriron as súas portas a noite do venres para a celebración da Noite Branca, que contou cunha gran diversidade de eventos como visitas libres; visitas guiadas; talleres e concertos, entre outros.

Nesta edición contabilizáronse 4.313 participantes, destacando o Verbum con 888 asistentes, o pazo Quiñones de León con 723 e Vila Solita, 500.

Descargar todas as imaxes