Escoitar

Abel Caballero: “Esta noite teremos o gran concerto de Lola Índigo”

O alcalde repasou a programación que terá o Auditorio de Castrelos ao longo desta semana. A artista granadina comezará as 22:00 horas.

luns, 8 ago 2022

Na rolda de prensa realizada esta mañá polo rexedor vigués, realizou un repaso as actuacións musicais que o Concello ten programado durante esta semana. Hoxe, luns 8 de agosto, subirase o escenario de Castrelos, Lola Índigo, que comezará a súa actuación as 22:00 horas, sobre o que Abel Caballero sinalou que “todo Vigo está convidado a este concerto magnífico”.

O xoves 11 de agosto, coincidindo co inicio de O Marisquiño, chegará a Vigo o grupo Hijos de la Ruina, que contarán ca actuación previa de Wöyza as 21:30 horas. O domingo 14 será a cita de Hombres G, que actuará as 22:00 horas. Ademais, este martes as 20:00 horas terá lugar o último concerto infantil "I love Rock & Roll".

 

Descargar todas as imaxes