Escoitar

O Concello adxudica 6 vivendas de alugueiro social a familias vulnerables

Abel Caballero informou en rolda de prensa da adxudicación logo da valoración da Comisión que tivo en conta as necesidades e urxencia das familias.

venres, 5 ago 2022

O Concello adxudicou 6 vivendas de alugueiro social a familias vulnerables. Son 5 vivendas en Cambeses e Chantada e outra na rúa Teixugueiras.

O alcalde explicou en rolda de prensa que adxudicáronse tras a decisión dunha Comisión que tivo en conta as necesidades e a urxencia das familias solicitantes. “É alugueiro social, adxudicadas por cinco anos e prorrogables se continúa a situación de vulnerabilidade”, dixo Caballero.

Descargar todas as imaxes