O alcalde cualifica Navalia como unha “explosión de optimismo” para o sector
O alcalde saudou esta mañá aos asistentes á sesión técnica organizada en Navalia para falar da transformación dixital como unha ferramenta para optimizar a eficiencia dos buques. Organizada conxuntamente pola Asociación de Enxeñeiros Navais e o Colexio de Enxeñeiros Navais e Oceánicos, a mesa redonda estaba dirixida a armadores, estaleiros ou fabricantes de equipos. Caballero comezou a súa intervención enfatizando a importancia da celebración de Navalia este ano porque “é unha explosión de optimismo para o sector”. Logo de reiterar que Vigo conta coa industria naval privada máis importante de España, destacou os “vigorosos” procesos de reindustralización que están a producirse neste territorio, referíndose, entre outros apoios, a demanda municipal dun PERTE para o naval.