O Grupo Socialista insta á Xunta a permitir por en marcha a Área Metropolitana de Vigo
Os socialistas solicita á Xunta de Galicia a derogar o artigo da Lei de Área Metropolitana de Vigo que condiciona a súa constitución á integración nun Plan de Transporte Metropolitano de Galicia “que non existe”.
O Grupo Socialista aprobou co seu voto favorable, a abstención do Mixto e o concelleiro non adscrito y e voto en contra do Grupo Popular a moción na que solicítase á Xunta de Galicia derogar o artigo da Lei da Área Metropolitana de Vigo que condiciona a súa constitución á integración nun Plan de Transporte Metropolitano de Galicia “que non existe”, segundo manifestou o portavoz, Carlos López Font.
Font replicou que así o din a sentenza do Xulgado Contencioso-Administrativo nº1 de Vigo que sinala que “é fundamental subliñar que o Plan de Transporte Metropolitano de Galicia, non existe, nin como disposición administrativa nin como acto administrativo xeral.
Para os socialistas a decisión está en mans do goberno de Alfonso Rueda xa que “é unha decisión política” e defenden “que favorece a 500.000 persoas da Área Metropolitana de Vigo” y critican que “non defendela é atacar o desenvolvemento económico da cuarta parte de Galicia”.
Débeda histórica
O Grupo Socialista tamén replicou instou ao novo presidente da Xunta que “recoñeza a Vigo unha débeda histórica de 2.258 millóns de euros como consecuencia dos 13 anos anteriores e establecer os prazos para o seu abono”.
O portavoz lamentou que “o goberno de Feijóo foi moi negativo para a cidade a pesar de que o goberno local trasladara en todo momento as demandas da cidade para ser atendidas”.