Vigo conta con cinco bens inmatriculados da Igrexa
O Concello terá que localizar aos propietarios e poñer estes bens a dispor dos lexítimos propietarios.
Vigo terá que localizar aos propietarios lexítimos de cinco bens inmatriculados pola Igrexa Católica tras o acordo entre o Goberno de España e a Conferencia Episcopal, “que retornará uns 1.000 bens dos 35.000 que podería haber en toda España”, segundo explicou Abel Caballero en rolda de prensa.
No caso da cidade, rexistrouse unha capilla-atrio Santa Cristina no que o titular é a parroquia de Valadares; outro terreo Campo Balbarda no que o titular é a Diocese Tui-Vigo, ao igual que noutro terreo Penedo Sampayo e Porta do Ghicho. Tamén hai un terreo en Coto Grande no que o titular é a parroquia de Santa Mariña.
O alcalde declarou que agora comeza unha tarefa de “búsqueda e investigación” que rexerá a comisión que crearán o ministerio de Presidencia, que encabeza Félix Bolaños, e a FEMP: “Non hai ningún rastro de quen son os propietarios. Non hai ningunha propiedade rexistrada antes a inmatriculación por parte da Igrexa, pero claramente había uns propietarios que temos que localizar”, manifestou.