Escoitar

Abel Caballero celebra encontros con tres ministros en Madrid

O alcalde manterá esta semana tres reunións na capital de España coas ministras de Xustiza e Política Territorial, este mércores, e co ministro da Presidencia o vindeiro xoves.

martes, 25 xan 2022
Abel Caballero en rolda de prensa
Abel Caballero en rolda de prensa

Na rolda de prensa celebrada este martes, o rexedor informou da axenda de reunións que ten prevista realizar mañá mércores en Madrid. Ás 12 horas manterá unha xuntanza con Pilar Llop, Ministra de Xustiza, para tratar cuestións relacionadas cos xulgados de paz e a actuación dos municipios, nun encontro no que tamén participará o secretario de Estado de Xustiza, Tontxu Rodríguez.

Posteriormente, o mércores, ás 14:30 horas, Abel Caballero reúnese con Isabel Rodríguez García, Ministra de Política Territorial e voceira do Goberno, para abordar cuestións relacionadas co desenvolvementos da política local “e falarei de cuestións de Vigo”.

Por último, este xoves 27 de xaneiro, o alcalde mantén un encontro con Félix Bolaños, Ministro da Presidencia, para abordar os bens inmatriculados da Igrexa Católica “e a súa devolución aos seu lexítimos propietarios”.

 

Descargar todas as imaxes