Escoitar

A Biblioteca do Estado de Vigo terá 8.000 metros cadrados e dous andares

O alcalde anunciou en rolda de prensa que a Biblioteca del Estado estará na rúa Lalín, como designou o Concello.

martes, 25 xan 2022

Vigo terá unha Biblioteca do Estado con 8.000 metros cadrados e dous andares. Abel Caballero anunciou en rolda de prensa a definición feita polos responsables de Cultura do ministerio para a nova obra.

O alcalde louvou a acción do Goberno de España polo cumprimento con Vigo: “Dixeron que íamos ter unha Biblioteca do Estado e imos ter unha Biblioteca do Estado”, afirmou.

Caballero di “estar encantado” por ser una obra “óptima e nunha zona moi boa para a cidade”. Segundo dixo o rexedor, estará na rúa Lalín, tal e como designou o Concello.

Ademais, desde o Goberno Local propoñen facerse cargo da xestión da Biblioteca do Estado en caso de que a Xunta non queira asumir as competencias: “Se a Xunta non quere, facémonos nós cargo do mantemento da Biblioteca”, sentenciou o rexedor.

Descargar todas as imaxes