Escoitar

Concello e Deputación invisten 772.000 euros na humanización da Avenida Hispanidade

O alcalde e a presidenta da Deputación de Pontevedra participaron este martes na inauguración do segundo tramo humanizado de Hispanidade, entre as rúas Zamora e Pintor Colmeiro.

martes, 28 dec 2021
Momento da inauguración do segundo tramo da Avenida Hispanidade
Momento da inauguración do segundo tramo da Avenida Hispanidade

Abel Caballero explicou que os traballos realizados ao longo de 160 metros da rúa e incluíron a renovación de 2,1 quilómetros de redes de servizos, 250 metros de pluviais, 240 metros de saneamento, 400 metros de abastecemento, unha nova rede de rega e 1,2 quilómetros de rede de iluminación.

Amais, transplantouse o arboredo actual por outro “máis acorde” coas características da contorna urbana, plantáronse 13 novas árbores, pasos de peóns accesibles, 50 metros de xardineiras, papeleiras e creáronse zonas de estancia e zonas de aparcamento quedando dous carrís de circulación. As luminarias fernandinas foron substituídas repintándose os báculos existentes e reforzouse a iluminación en pasos de peóns.

A presidenta de Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, destacou o investimento do ente provincial nesta obra que contribúe a construción dunha “cidade amable, con beirarrúas anchas, unha das cidades galegas que máis apostan pola recuperación do espazo público para as persoas”.

O alcalde destacou que a humanización está feita “nun nivel extraordinario con zonas pensadas para a xente” e avanzou que o goberno municipal continuará coa terceira fase no tramo de rúa que queda pendente e que “conectará co conxunto dos ascensores” que permitirán “conectar co mar” a través da Hispanidade.

Momento da inauguración do segundo tramo da Avenida Hispanidade
Descargar todas as imaxes