Escoitar

O goberno municipal aproba a instalación de ascensores en 6 edificios da cidade

O Consello da Xerencia de Urbanismo deu luz verde este martes á resolución do procedemento de axudas para a instalación de ascensores, a mellora da accesibilidade e a eliminación de barreiras arquitectónicas en edificios residenciais.

martes, 28 dec 2021
Abel Caballero comparece en rolda de prensa
Abel Caballero comparece en rolda de prensa

O alcalde informou do acordo en rolda de prensa e avanzou que o goberno municipal segue a traballar para asignar novas axudas ás comunidades de propietarios.

O Concello aprobou este martes a concesión de subvencións a 6 comunidades de propietarios: para a da Avenida de Castelao número 10: 3.000 euros e a mesma cantidade para a Urbanización O Parque, 7; para Travesía de Vigo, 41: 1.000 euros, para Venezuela 66, 3.000 euros, para a comunidade de propietarios de Castrelos 46: 2.000 euros e para Sotomayor número 3, 2.000 euros.

 

Descargar todas as imaxes