Escoitar

A Xunta de Goberno aproba a primeira fase da humanización da Estrada Clara Campoamor

Priorizarase dar seguridade aos peóns con novas beirarrúas e mellorar o asfaltado entre a rotonda de acceso ao Hospital Álvaro Cunqueiro e o enlace coa VG-20.

xoves, 7 out 2021

A Xunta de Goberno aprobou o proxecto de mellora da pavimentación e seguridade da Estrada Clara Campoamor Fase I cun orzamento de 463.000 euros.

O alcalde explicou que o obxectivo é mellorar a seguridade peonil e o asfaltado desde a rotonda de acceso ao hospital e o enlace coa VG-20. “É unha zona lonxe da cidade e obriga a utilizar o automóbil ou o transporte público. Hai necesidade de aparcamentos e beirarrúas”, sinalou.

Caballero lamentou que “quen fixo o hospital” non articulara a zona ao tratarse o Hospital Álvaro Cunqueiro dunha infraestrutura supramunicipal. “O entorno debe estar adaptado á cantidade de persoas que transitan e desprázanse desde o aparcamento ata o propio hospital”, declarou.

O alcalde requiriu, de novo, á Xunta de Galicia o chan para facer un novo aparcadoiro municipal de balde. Insiste en que “poñen dificultades” e o Goberno Municipal “quere maior seguridade e aparcadoiros de balde”.

Bono-taxi para persoas con mobilidade reducida

Tamén na Xunta de Goberno aprobouse unha partida de 25.000 euros para proporcionar, mediante a utilización do bono-taxi, un medio alternativo de transporte adaptado a persoas afectadas por graves discapacidades na súa mobilidade. Caballero dixo “apoiar á xente de Vigo con mobilidade reducida e con dificultades na mobilidade” e afirmou “querer que o uso de transporte en taxis adaptados sexa accesible para estes cidadáns”.

Descargar todas as imaxes