Escoitar

Caballero pide en Conxemar 2021 “competencia en igualdade de condicións” e rexeita fondos públicos para facer “competencia desleal” á feira viguesa

O alcalde visitou Conxemar 2021 a amosou o seu apoio a Feira que “está superando as expectativas pola cantidade de compradores e transaccións que están a facerse”, segundo conversou con algúns dos expositores.

mércores, 6 out 2021

O alcalde visitou Conxemar no segundo día da Feira para amosar o seu apoio aos organizadores e o sector do peixe conxelado. “Estanse a superar as expectativas pola cantidade de compradores e transaccións que se están a facer”, explicou logo de visitar os expositores.

Abel Caballero reivindicou “competencia en igualdade de condicións” e rexeitou “que haxa fondos públicos para outros lugares e deste xeito facer competencia desleal”. O rexedor subliñou que Conxemar está “disposto a competir cos mellores do mundo pero cos mesmos regulamentos”, afirmou.

En rolda de prensa, o alcalde anunciou que os días de celebración da Feira a ocupación hoteleira está entre o 90 e o 95%, “polo tanto practicamente ocupación total”, declarou. Caballero salientou a recuperación tamén no sector do turismo ao sinalar que a ocupación media en setembro foi do 71,83%.

O rexedor puxo de manifesto os datos dos turistas internacionais, que supoñen un 24,27% del total. A maioría, o 32,25% son de Portugal, pero tamén o alcalde sinalou a importancia dos visitantes de Alemaña, que superan o 6,3%, ou os de Francia e Italia, ao redor dun 5%. Os turismo nacional é o máis significativo cun 67,69% do total.

Descargar todas as imaxes