Escoitar

O Concello inviste 385.000 euros na humanización da rúa Rosal

O alcalde participou este mércores no acto simbólico de posta da primeira pedra da obra que supoñerá a creación dun espazo para a cidadanía e que renovará as redes de abastecemento e saneamento.

mércores, 6 out 2021
Abel Caballero cos tenentes de alcalde, Javier Pardo e Elena Espinosa na visita ao inicio das obras
Abel Caballero cos tenentes de alcalde, Javier Pardo e Elena Espinosa na visita ao inicio das obras

Tal e como explicou Caballero en rolda de prensa, a rúa Rosal soporta a diario “moito tráfico e ten problemas de estacionamento” polo que cumpría a súa humanización.

Cun orzamento de licitación de 385.000 euros, as obras inclúen a renovación e adaptación das beirarrúas á norma de accesibilidade, a renovación de 479 metros lineais de redes de servizos soterrados e a reordenación das zonas de aparcamento. Ao tratarse dunha vía sen saída, o Concello ten proxectado o acabado en formigón impreso para dar sensación de praza peonil na zona final de estacionamento.

O rexedor sinalou tamén que o persoal da obra detectou que o “saneamento estaba peor do que supoñiamos, sendo moi profundo e nun trazado moi antigo”, o que constata o “absoluto abandono” desde que se fixo a rúa. Amais da renovación do saneamento e abastecemento, a humanización inclúe o cambio da rede de iluminación pública con 10 novos farois e 4 novos puntos de luz como reforzo para pasos de peóns. Quedará renovada tamén a sinalización horizontal e vertical, con novas papeleiras, xardineiras e rede de rega.

O Concello puxo tamén en funcionamento un novo semáforo na rúa Porriño con Salceda de Caselas para mellorar a circulación e a seguridade nesa zona.

 

 

 

 

Abel Caballero cos tenentes de alcalde, Javier Pardo e Elena Espinosa na visita ao inicio das obras
Descargar todas as imaxes