Escoitar

A Xunta de Goberno aproba a contratación de obras do Centro Municipal de Servizos Sociais en Praza da Princesa

O alcalde anunciou que a reforma será integral e que conta cun orzamento de 640.000 euros.

luns, 13 set 2021

O concello reformará de xeito integral o edificio da Praza da Princesa, no número 7, que alberga o Centro Municipal de Servizos Sociais.

A Xunta de Goberno aprobou a contratación das obras cun orzamento de 640.000 euros e un prazo de execución de 8 meses.

Abel Caballero apuntou que “o edificio está obsoleto e necesita da actuación.” Deste xeito, actuarase para mellorar a atención cidadá e resolver os problemas que teñen actualmente as oficinas nestas dependencias.

O edificio será eficientemente enerxético, con alumeado LED, instalación de placas solares e intelixente. Será accesible cun novo ascensor e ramplas de acceso. Multiplicaranse os servizos e haberá ampliación dos espazos. Segundo apuntou o rexedor, haberá una sala de xogos para os nenos e as nenas.

Prórroga do contrato de servizos auxiliares

Noutro orden de cosas, tamén a Xunta de Goberno aprobou a prórroga do contrato de servizos auxiliares necesarios para a funcionamento da aula de estudo do Mar de Vigo. O importe de 70.553 euros serve para dotar de persoal as instalacións.

Caballero cualificou de “éxito total” a sala que abriu as súas portas no 2017 na sexta planta do edificio, que conta con máis de 1.000 metros cadrados e un aforo de 400 persoas – agora 99 por mor da Covid-19 –.

O alcalde lembrou que no futuro, sumarase á oferta de Navia, a Casa do Patín en Bouzas e a Biblioteca Neira Vilas a Biblioteca do Estado e a Biblioteca Municipal de Teis.

Descargar todas as imaxes