Escoitar

O alcalde valora o novo proxecto para o Mercado da Pedra, “un símbolo na cidade”

Abel Caballero recibiu este venres aos seus novos responsables, con Alfonso Méndez como presidente e David Veiga na xerencia. O rexedor explicou que a Pedra abrirá en outubro “cun proxecto renovado, con moito deseño e ben feito”, un mercado de proximidade “cunha parte de atractivo turístico”.

venres, 13 ago 2021

O Mercado da Pedra “vai iniciar unha nova andadura unha vez resoltos todos os problemas xudiciais”, sinalou Caballero en rolda de prensa, “un símbolo na cidade” que ultima a volta á actividade cun proxecto “renovado, con moito deseño e ben feito”. O alcalde anotou que a Pedra “ten tamén unha parte de atractivo turístico”, mais forma parte do comercio de proximidade, con “pequenos postos con deseño e moi ben trazados”. Con data de apertura para outubro, “estamos asistindo á recuperación dun dos símbolos da cidade”, concluíu.

Descargar todas as imaxes