Escoitar

Vigo Zoo celebra o xoves a Noite das Perseidas co aforo completo

O alcalde falou en rolda de prensa da boa acollida por parte da cidadanía da acción astronómica que organiza o Concello coas 75 prazas ocupadas ao pouco tempo de comezar as inscricións.

martes, 10 ago 2021

O xoves 12 de agosto Vigo Zoo celebra a Noite das Perseidas, unha actividade municipal co obxectivo de entender mellor a astronomía. O Concello rexistrou “fai tempo” as 75 inscricións e hai 60 persoas en lista de espera.

A actividade serás ás 22 horas e haberá unha explicación do que pódese ver no ceo e tamén haberá actividades para os máis pequenos.

Abel Caballero sinalou que a previsión meteorolóxica “é boa, seguramente con ceos despexados” e augurou “unha noite escura” o cal apuntou “é magnífico para observar as estrelas desde A Madroa”.

Descargar todas as imaxes